jueves, 18 de febrero de 2016

Sobre os refuxiados. Díaa mundial da radio.


Día Mundial da Radio, 2016
Día Mundial da Radio, 2016


Palabra do ano, 2015
Palabra do ano, 2015

Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras, a palabra "refuxiado", que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,...) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace.

A palabra refuxiado no Portal das Palabras
A palabra refuxiado no Portal das Palabras





Mapa mental da lectura



O NOSO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN:




O Día Mundial da Radio a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor "instrumento salvadidas" en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas para estender a información aos máis desfavorecidos. A radio demostrou a súa importancia coa letal epidemia de ébola que asolou o continente africano, onde os xornalistas non só contribuíron a concienciar á poboación para impedir o contaxio, senón que colaboraron, a golpe de mensaxe limpa, a cortar de raíz a difusión de falsos rumores sobre a mortalidade do virus e o seu contaxio.
"Hai que protexer, custe o que custe o dereito dos xornalistas a protexer as súas fontes confidenciais ata nos momentos de urxencia e desastre", insiste a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).


QUE É UN DEBATE?



debate1  



 RADIO S.O.S. VIVEIRO




Reflexionando sobre  o salvamento de náufragos (refuxiados): 

"Un crime impensable".






"No medio do inferno"


 

"Non hai amor á pobreza"




viernes, 29 de enero de 2016

O día 30 de xaneiro , Día da Ilustración.Actualizamos a Castelao en clave VisualThinking.

Para o día da Ilustración eleximos libros  de Castelao na biblioteca. Eu seleccionei un que se titula Cousas da Vida. Lemos as viñetas e falamos da temática das obras de Castelao





Vimos a os temas que trataba no libro, seleccionamos unha viñeta e puxémonos a adaptala á situación actual. Eu optei polo tema do acoso escolar, tristemente de actualidade.



IDEOGRAMAS

Un ideograma é un signo esquemático non lingüístico que representa globalmente en conceptos ou mensaxes simples. Por exemplo, os sinais de tráfico ou os símbolos químicos e matemáticos. Caracterízanse polo seu universalidad, a súa economía e a rapidez con que se verifica a súa percepción: de aí o seu amplísimo uso.

O concepto de ideograma representa un ser ou unha idea directamente sen necesidade de transcribir palabras ou a frases que o expliquen.







Mapas mentais da lírica trobaderesca medieval.

Está avaliación traballamos a literatura trobadoresca galego-portuguesa medieval por medio de mapas mentais. Estes son os meus:

Tipos de autores da lírica medieval




As Cantigas de Santa María




Subxéneros da Cantiga de amigo